21/6/13

Ata setembro!


Chegamos ao final deste curso que nos resultou curto, intenso, divertido e interesante.
Quedáronnos cousas por publicar neste blog feitas por todos (lévano para casa noutros formatos) pero seguirá crecendo a partir de setembro.
Intentaremos poñer imaxes que temos gardadas a semana vindeira e subiremos recursos e cousas que atopemos interesantes, así que non vos olvidedes de pasar por aquí de cando en vez ao longo do verán.
Pasádeo ben, vémonos pronto.
Antonio e Marila

6/6/13

O gato das mil aventuras

Este é o conto creado en 3ºA. O texto foi o elexido por todos nós para facer a película en StopMotion, cliquea na imaxe para acceder ó texto.

Si queredes ver a peli pulsade na imaxe.



3/6/13

O camiño da amizade


Os nosos contos están rematados dende hai tempo; agora estamos a facer as ilustracións e a película.
Traballamos a fondo para decidir os protagonistas, que pasaba, as aventuras e o desenlace. Tamén acordamos quen narraba a historia e como.
Este é o resultado do texto de 3ºB e a película que fixemos coas nosas ilustracións e o programa MovieMaker. (Cliqueade na imaxe para ver o texto).