24/5/13

Ourense


O martes 28 de maio imos de excursión cos compañeiros de 4º de E. Primaria.
Como final do proxecto dedicado á auga, visitremos a cidade de Ourense xa que nela podemos ver:
  • o río Miño, que a cruza de norte a oeste e é a razón pola que ten tantas pontes, 
  •  as augas termais: augas subterráneas que aparecen ao longo de toda a cidade e que se caracterizan pola súa alta temperatura e os seus poderes medicinais.
 Bañarémonos nas pozas de Outariz, logo visitaremos o centro da cidade: As Burgas, a Paza Maior e a Catedral
Para acabar esta saída, comeremos e descansaremos no Castro de San Cibrán de Lás, ou castro dá Cidade, o máis grande de Galicia e que está a 18 km. de Ourense.


15/5/13

Danzas do mundo: Pasodobre de Mallou

Aquí temos a nosa última danza para este curso. É un ritmo galego que se baila en festas e romarías: un pasodobre.


Coñécese como o pasodobre de Mallou, gaiteiro galego de gran recoñecemento.
Xa veremos como nos sae