Despois de informarnos sobre os feitos acontecidos entre os séculos XVI e XIX en Gondomar, puidemos visitar o Pazo do Conde e o Pazo da Escola.
O venres 14 de maro fixemos a saída, co plano e as informacións que conseguimos. Para ir ata Mañufe seguimos o roteiro do río.
No Pazo da Escola contamos cunha guía que informounos de todo o que puidemos ver
Cando queimemos e choremos á Meca e chegue o mes de marzo comenzaremos a traballar os seres vivos.
Para atopar información e outros materiais a utilizar no cartel realizado co glogster (hai que darlle tempo a que cargue):
En clase xa estamos a utilizar a plataforma Edmodo; en ela podemos ver tarefas a realizar, o calendario de actividades, tarefas, exámenes que temos. Tamén podemos acceder a materiais que nos serven de información ou repaso do feito en clase.
As tarefas deben ser realizadas no colexio xa que non todos temos internet na casa.
En canto poidamos poremos o enlace nesta páxina.
Chega o Samaín e este curso, xa que o 31 de outubro non tiñamos clase, acordouse celebralo o 30 de outubro.
Si que foi un día diferente! pero non como estaba previsto. Esa noite entraran a roubar no colexio, así que non puidemos entrar nel ata despois do recreo.
Estaba prevista a entrada a escuras para poder desfrutar das cabazas e da música de medo pero non puido ser. Inda así, conseguimos facer a nosa merenda de momias e arañas e ver a película Los mundos de Coraline.
Aqui podedes ver o trailer da película:
Antes do recreo elaboramos a nosa merenda: momias (bocadillos de mortadela e queixo)e arañas (galletas oreo con patas de regaliz) que comemos todos xuntos.